martes, 7 de agosto de 2012

Rajoy, Obama, cal é o auténtico oitavo pasaxeiro?

Os acontecementos que se levaron a cabo onte, dia 6 de Agosto de 2012 na provincia de Pontevedra levaronme a sacar varias conclusións, pero antes explicarei con datalle eses feitos insólitos.

  • O primeiro foi enterarme de que Mariano Rajoy estaba xa de vacacións no concello de Sanxenxo.
  • Logo chegoume a nova de que Rajoy falou con Obama por telefono (cousa rara che, porque este home non se caracteriza polo seu dominio do inglés).
  • Os artefactos explosivos de Resistência Galega.
  • E por último, a luz extraña no ceo que se viu en Pontevedra e en mais lugares da provincia, e que propiciou que "OVNI" fose TT no estado español.
E agora van as miñas conclusións ou cuestións ás que lle seguirei dando voltas:

  • Como se coida o presidente, que en verán, Sanxenxo esta carísimo.
  • Terán Rajoy e Obama unha ligua propia coa que comunicarse? Quizabeis unha lingua provinte do espacio? Son reptilianos Rajoy e Obama?
  • É Resistência Galega un grupo organizado saído do lado escuro do que se falaba en "Star Wars"?
  • Pode Resistência Galega viaxar polo espacio pero non sabe facer unha bomba decente que rebente?
  • Mandou Obama a alguen a vixiar a Rajoy cun aparello da CIA?
  • Somos tan frikis en Pontevedra que vemos unha luz no ceo e conseguimos facer TT "OVNI"?