Os acontecementos que se levaron a cabo onte, dia 6 de Agosto de 2012 na provincia de Pontevedra levaronme a sacar varias conclusións, pero antes explicarei con datalle eses feitos insólitos.
- O primeiro foi enterarme de que Mariano Rajoy estaba xa de vacacións no concello de Sanxenxo.
- Logo chegoume a nova de que Rajoy falou con Obama por telefono (cousa rara che, porque este home non se caracteriza polo seu dominio do inglés).
- Os artefactos explosivos de Resistência Galega.
- E por último, a luz extraña no ceo que se viu en Pontevedra e en mais lugares da provincia, e que propiciou que "OVNI" fose TT no estado español.
E agora van as miñas conclusións ou cuestións ás que lle seguirei dando voltas:
- Como se coida o presidente, que en verán, Sanxenxo esta carísimo.
- Terán Rajoy e Obama unha ligua propia coa que comunicarse? Quizabeis unha lingua provinte do espacio? Son reptilianos Rajoy e Obama?
- É Resistência Galega un grupo organizado saído do lado escuro do que se falaba en "Star Wars"?
- Pode Resistência Galega viaxar polo espacio pero non sabe facer unha bomba decente que rebente?
- Mandou Obama a alguen a vixiar a Rajoy cun aparello da CIA?
- Somos tan frikis en Pontevedra que vemos unha luz no ceo e conseguimos facer TT "OVNI"?
No hay comentarios:
Publicar un comentario