lunes, 29 de julio de 2013

Voltei! (Aínda que vos importe unha puta merda)

              Voltei! (Aínda que vos importe unha puta merda). Si. Aquí estou de volta, aínda non sei como, pero recuperei o contrasinal deste blogue. Esta entrada non vai ter ningún contido interesante, por aquilo de seguir a liña das anteriores...
              Animeime a voltar ao blogue grazas a ler moitos e moitos blogues de xente bastante inspiradora (mentira, é porque no verán aburrome moito e teño tempo para facer frikadas deste calibre). Moita xente emprega esta ferramenta para transmitir sentimentos a través de escritos própios, empregrando imaxes, ou sinxelamente para frikear un pouco, que é moi san de vez en cando.
              Eu aquí farei un pouco de todo, publicarei textos propios sacados da miña imaxinación (poucos, a miña imaxinación non da para moito), falarei de fútNON VOU FALAR DE FÚTBOL. (Que raro en min, eh?;)) E non sei.. tentarei desafogarme por medio da escritura... boas noites e ate outra.

                                                                                                                                 @PuenteGZ.
         

No hay comentarios:

Publicar un comentario